Saltar ao contido

José de la Torre López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé de la Torre López
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor en Wikidata
Bueu, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (32/33 anos)
A Ermida, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 8139

José de la Torre López, nado en Bueu cara a 1903 e finado na Ermida (Marcón, Pontevedra) o 25 de setembro de 1936, foi un carpinteiro e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carpinteiro de ribeira que traballaba na praia de Beluso. Secretario do Partido Comunista de Bueu. Tivo relación con Rómulo Gallegos, que veraneou en Bueu. Na Segunda República logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado membro da xestora municipal de Bueu, pero presentou un escrito de renuncia á súa acta de concelleiro.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na expedición que tentou acudir a Pontevedra na defensa da República, pero logo rexeitou esconderse. Foi detido o 8 de agosto, que e en setembro os gardas dixéronlle que quedaba libre para irse a casa. Obrigárono a ir pola rúa Pazos Fontenla, e agardaron por el á altura da Estacada. Apareceu morto na Ermida, en Marcón (Pontevedra), na estrada de Ponte Caldelas, cun disparo de arma de fogo que lle ocasionou destrución do cranio. Estaba procesado como un dos implicados no proceso de intento de voadura da ponte de Beireses, na causa 1363/36.[1]

  1. López Sánchez, Concepción (2017). "Actitudes sociales ante el golpe y la guerra civil en Galicia (1936-1939). Un estudio de caso en perspectiva comparada". La Historia, lost in translation? Actas del XIII Congreso de la Asociación e Historia Contemporánea. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha. pp. 301–312. ISBN 978-84-9044-265-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]